En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico,a Plataforma Aberta Cidadá infórmalle que os seus datos identificativos son os seguintes:
Denominación: Plataforma Aberta Cidadá
Enderezo: Avenida da Estación, número 26 – Baixo – Lalín, 36500 (Pontevedra)
Correo electrónico: plataformaabertacidada@gmail.com
Todas as notificacións e comunicacións entre as persoas usuarias e a Plataforma Aberta Cidadá consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.
O presente aviso legal regula o uso do sitio web paclalin.gal (en diante, A WEB), do que é titular a Plataforma Aberta Cidadá.
A navegación pola web dá Plataforma Aberta Cidadá atribúe a condición de usuaria do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, con todo, a Plataforma Aberta Cidadá condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cobertura do correspondente formulario.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence á Plataforma Aberta Cidadá, sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos, máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.
A persoa usuaria garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a Plataforma Aberta Cidadá, e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice. A persoa usuaria obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. A persoa usuaria responderá fronte á Plataforma Aberta Cidadá ou fronte a terceiras, de calquera dano e prexuízo que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.
A Plataforma Aberta Cidadá non se fai responsable do contido das páxinas web ás que a persoa usuaria poida acceder a través das ligazóns establecidas na WEB e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns. A
Plataforma Aberta Cidadá declara adoptar todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, ás usuarias da WEB, puidesen derivarse da navegación pola mesma. En consecuencia, a Plataforma Aberta Cidadá non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir a usuaria.
Esta páxina web pode recoller datos das súas visitantes por medio do uso de cookies. Consultar a política de cookies, no seu caso.
A usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro.
A AEPD considera que os partidos políticos non son prestadores de servizos da sociedade da información, xa que as súas páxinas web non forman parte dunha actividade económica no sentido do apartado a) do Anexo da LSSI. Polo tanto, non deben de cumprir nin coa Lei de Cookies nin con ningún outro precepto da LSSI, sen prexuízo do disposto nela en relación con outras normas. Resolución (E/04745/2015).
No caso de que na web se recollan datos de carácter persoal, para máis información consultar a política de privacidade.
© 2019 PLATAFORMA ABERTA CIDADÁ