QUEN SOMOS

Somos un grupo de persoas que continuamos facendo unha viseira coa man mirando a fronte. Un proxecto integrador nacido en 2015 coa finalidade de recoller as inquedanzas da sociedade mobilizada do concello de Lalín.

Concorremos ás anteriores eleccións municipais co reto de implantarnos como a alternativa política que a cidadanía precisaba, para facer unha política ao seu servizo.

Despois de conseguir representación e participar no goberno, consideramos que queda moito por facer. Esperamos que co voso apoio teñamos máis forza para levar a cabo este labor.

O cambio colectivo é cousa de todas as persoas. Súmate.

Recorda, a PAC es ti.