CÓDIGO ÉTICO 2019
Este documento é un código de control e boas prácticas para os/as integrantes da nosa formación en desempeño de servizo público. Traballando con honradez para a veciñanza, dando solución ós problemas dunha maneira consensuada e xestionando os servizos e bens públicos dunha maneira eficaz. Honradez, transparencia e lealdade son os principios deste documento.
DEBERES
- Non poderán estar condenados/as por delitos de corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento ilícito, suborno, malversación, apropiación de fondos públicos e demais relacionados co exercicio da función pública. Tampouco por delitos por violencia de xénero, xenofobia ou calquera outro contra os Dereitos Humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.
- Darase visibilidade e voz aos veciños/as de Lalín, promovendo a participación cidadá na toma de decisións.
- Desempeñarán con lealdade, ética e transparencia as súas responsabilidades, defendendo o establecido no Programa Político da candidatura, actuando como verdadeiros/as representantes obrigados a seguir as decisións tomadas na asemblea.
- Comprometeranse así mesmo a crear e facilitar nas áreas de traballo que teñan baixo a súa responsabilidade un clima e una cultura administrativa de transparencia, rendición de contas e portas abertas á veciñanza rexeitando comportamentos autoritarios e non democráticos.
- Comprometeranse a denunciar as inxustizas e ilegalidades na xestión pública.
- Presentarán e renderán contas económicas e patrimoniais no ciclo no que é representante público.
COMPROMISOS
Comprometeranse na defensa da lingua galega e a súa normalización na vida do Concello e na protección e enriquecemento do patrimonio natural e cultural.
Apoiarase e fomentarase a igualdade en todas as súas dimensións e evitaranse discriminacións.
Renunciarase a agasallos e privilexios que se lles poidan ofrecer.
Evitaranse prácticas na labor pública que supoñan un conflicto de interese coa empresa privada.
Aceptarase a decisión do procedemento de revocación da asemblea.
MOTIVOS DE RENUNCIA
- Incumprimento do Programa Político.
- Incumprimento do Código Ético.