Fragmento do único artigo escrito para a prensa por Manuel Ferreiro Panadeiro. Este foi publicado en EL PUEBLO GALLEGO o 27 de Agosto de 1933, na mesma data na que foi fusilado tres anos despois:
Como número de diversión vense nas festas populares os “caballitos”. Os nenos soben a eles cun entusiasmo delirante na crenza de efectuar unha grande viaxe; dáse o sinal regulamentario e de seguida os xinetes encóntranse a vertixinosa velocidade. Voltas, e máis voltas, e máis voltas, risos, berros. E cando a alegría é máis desbordante os cabalos van parando, sen necesidade de usar as rendas. E cando todos esperaban ter recorrido grandes distancias sorpréndense no mesmo sitio, e mándanlles baixar para que outros suban e se repita o propio.
Os nosos rexedores municipais tomaron boa nota do distraído número; e así non procuran, nos seus programas, outra cousa que a maior diversión, en canto dure a quenda.
Grazas a Manuel Igrexas pola información e a investigación.