UNHA VÍBORA NO FOL

Sentimos a necesidade de reflexionar. Estamos cansas de notar que os temas que saen nos xornais só son a loita entre egos, a displicencia dunha política mesiánica da que non acreditamos. Notamos en nós o paso do tempo, mais non vemos que haxa unha conciencia crítica nesta sociedade que permita avanzar cara a un modelo mellor, máis humanista e menos egoísta. Cremos na vontade de crecer política e vitalmente a través da crítica e o pensamento.

Imos tratar de pasar os lindes e axitar as mentes. Cremos na curiosidade, nesa víbora que nos remexe por dentro e nos fai ver máis alá do pano da opinión pública e a política anquilosada.

Nesta nova sección do noso blog abriremos unha habitación de calma e lentitude, onde pensar e debater. Diferentes persoas irán aportando a súa visión sobre os temas que nos parecen cruciais nos noso días ou, simplemente, inquedanzas persoais.

Como ben di Brigitte Vasallo é nas marxes das marxes onde crece a vida.

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram