TIRANDO DE FÁBULAS I

EL CUENTO DEL COLIBRÍ

Cuentan los guaraníes que un día hubo un enorme incendio en la selva.

Todos los animales huían despavoridos, pues era un fuego terrible.

De pronto, el jaguar vio pasar sobre su cabeza al colibrí… en dirección contraria, es decir, hacia el fuego.

Le extrañó sobremanera, pero no quiso detenerse.

Al instante, lo vio pasar de nuevo, esta vez en su misma dirección.

[1*] Pudo observar este ir y venir repetidas veces, hasta que decidió preguntar al pajarillo, pues le parecía un comportamiento harto estrafalario:

¿Qué haces colibrí?, le preguntó.

Voy al lago -respondió el ave- tomo agua con el pico y la echo en el fuego para apagar el incendio.

El jaguar sonrió.

¿Estás loco?- le dijo. ¿Crees que vas a conseguir apagar lo con tu pequeño pico tú solo?

Bueno- respondió, el colibrí- yo hago mi parte…

Y tras decir esto, se marchó a por más agua al lago.

Non sabemos como remata a historia. Seguramente un xaguar de fábula, ou ben seguiría co seu camiño, admirado pola determinación do colibrí, ou cambiaría os seus plans para facerse cargo do que pasou a considerar “a súa parte”. Entre as infinitas variables, custaría pouco imaxinar unha terceira posibilidade na que o xaguar continuaría o seu camiño, pero desta vez especialmente amargado: por se fora pouco fuxir do lume, un paxaro acababa de estragarlle o día.

Tras tentar tirar de fábula dende a soberbia, na busca dun pretendido “sé colibrí ou afástate”, caín na conta de que a maior parte das veces estamos do outro lado. É moito máis fácil recoñecerse nas miserias da, ben humana, versión do xaguar.
Un xaguar que podería ir moito máis lonxe. Porque, cantas veces as enerxías que non atopamos para facer fronte a un lume, aparecen para increpar, molestar e tratar de deter a quen si está a facer algo?

Non quería deixar de enumerar posibles variables sen facer antes unha mención especial a ese xaguar. Con este cústame máis sentirme identificado, pois é o que (rebobina ata o [*1] da fábula), vendo ir e vir o colibrí do lago cara ao lume con auga e do lume cara ao lago sen ela, é de sobra consciente do que está a facer o paxaro, pero decide comezar a abelloar cun innecesario interrogatorio sen máis pretensión que a de importunar.
Queda no aire o de analizar por que nos incomoda o que fagan terceiras persoas, cando no peor dos casos, o que fagan nin nos vai nin nos vén. Déixoo aí por se algunha persoa o atopa interesante e se anima a falarnos do tema.

E como non tería sentido tirar de fábula para deixalo aquí, pasamos á fase dos eloxios, a cal vou centrar nun aspecto concreto: a política. Quero precisar aínda máis e falar da política da boa, moi fácil de distinguir de calquera outra porque a causa primixenia que a inspira é levarse ben coa conciencia.

E aquí vai a homenaxe a todas nós, por todas esas veces nas que, sendo o sinxelo mirar cara ao outro lado, decidimos tomar partido. Cando aínda sabendo que non imos chegar a entendemento, abrimos camiños coa palabra. Cando defendemos as nosas ideas nunha festa á que non fomos invitadas porque sabemos que non hai paz que non resista argumentos. Cando nos acusan de facer política e sinalamos que o mesmo está a facer quen nos reprende. Cando a acusación se recibe coma un cumprido. Cando defendemos o que consideramos xusto, sendo o cómodo non facer nada. Cando alimentamos a “polarización” por ser intolerable o que existe na súa ausencia.

A política está en todo. Por activa ou por pasiva participamos dela continuamente. Tomemos consciencia diso, porque non hai opción de permanecer á marxe. Perdámoslle o medo e soltémonos.

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram