SOMOS A PAC!

Queremos felicitar o Partido Popular pola vitoria conseguida nas municipais. Sabiamos que era unha tarefa titánica loitar cos nosos medios económicos contra unha maquinaria que gasta os nosos 2.200 euros de presuposto en gasolina o domingo electoral, ou nos miles de revistas publicitarias, ou en viandas para os convites ou en restaurantes. Tamén sabiamos que era complicado presentar un programa feminista, social, honesto e revolucionario nunha vila como Lalín, na que moita xente aínda debe favores laborais. Con todo, ficamos contentas, de ter feito a mellor proposta cultural na historia de Lalín. Agora, coas arcas cheas, e o Xacobeo á fronte, supoñemos que volverán Gayoso e Julio Iglesias… Pero ben, Viravolta terá garantizado o seu museo.

Retirámonos a reflexionar no futuro agradecidas ás nosas electoras e ás compañeiras de goberno coas que tivemos boas sinerxías e experiencias. Seguiremos a loita de barracóns e trincheiras, co asosiacionismo que berra para que non derriben carballeiras, que contraprograma accións culturais e sociais, que denuncia políticas clientelares, que se manifesta en contra da corrupción…

Queremos o noso pobo moito, e doutra maneira. Queremos a nosa vida aquí e imos pelexar. Somos felices. Somos a PAC.

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram