Rendar as patacas

La mujer me reprochaba haberla incomodado sin ofrecerle a cambio una alternativa concreta y tranquilizadora. Y yo pensaba: ¿no es acaso ese el malestar necesario del que deriva toda toma de conciencia?

Presuntuosas e elitistas van soar as miñas palabras. Begoña Blanco é unha necia. E estendo esta definición a quen non o ve nela, a quen a adorna con galanterías, a quen a adula e a defende na súa labor de concelleira de cultura cando non é por fanatismo ideolóxico e partidista.
A cultura pode ser entretemento, pero a min non me interesa, o que non me cambia, o que non me xera preguntas e me incomoda non me interesa. A cultura do entretemento é un narcótico, un adormecemento da vontade que conduce ao servilismo e á inacción. Fuxo da aparencia entusiasta porque non busca utopías, non imaxina futuros mellores nin pasados mellorados, tan só se move na liña horizontal de manter o presente, pouco a pouco destruído por contentarse co que hai.
“Vemos que non hai unha política cultural” dicía Begoña Blanco no mitin central da campaña do PP de Lalín en 2019. Vemos porque ela é un elo máis desa engrenaxe, vemos como parapeto para a crítica relativista, esa que dispara en todas as direccións que satisfacen os seus intereses.
Begoña remata a frase así: “e moitas outras cousas que vos diría, pero que vós tamén sabedes e estades vivindo no voso día a día”. Non importa o como, nin o que, non hai razón para criticar a política cultural que había naquel goberno, só hai un caldeiro de merda que ennegrece o discurso, un indiferenciado no que non se atopan feitos concretos ou argumentos discernibles.
Begoña é unha necia, pero non dende o táctico, senón dende o intelectual. Para o seu partido é innegable a súa fortaleza política, ela consegue aplacar as voces críticas que reverberaban día si e día tamén arredor da anterior concelleira de cultura, ata esa cultura alternativa se axeonlla amosando a súa inutilidade anunciada. É necia porque fomenta e apoia o balbordo, a superficialidade, o nepotismo, as operacións baleiras de contido, a maldita cultura do entretemento que crea formas e máis formas, símbolos flexibles e nada incómodos que cambian de traxe segundo conveña.
Eu non acredito desa cultura que axuda a manter no poder a persoas necias, para min é outra cousa, pero por favor, non lle chamemos cultura.

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram