Política a golpe de tuit

Vendo e escoitando as declaracións que fan algúns/has responsables políticos, dámonos conta que algún/has están nunha dinámica na que todo vale. Terxiversar, mentir, enganar, usar a palabra para beneficio propio… Son algunhas das actuacións ás que nos teñen acostumados e acostumadas a maior parte das persoas que se dedican ou están vinculadas á política.

Imaxe do noso cronograma, feito en Maio de 2018 onde planificamos a nosa actividade de 2018 e 2019.

Escoitamos cousas, que ata hai ben pouco, farían que quen as dixera quedaría apartado/a de calquera cargo público; algunhas incluso podería ser que fixeran que a Fiscalía tomara cartas no asunto.

Mais agora, as organizacións políticas funcionan a golpe de tuit, din o primeiro que se lles pasa pola cachola, manifestan o que pensan que a xente quere oír, ou o que lles resulta mais útil esperando chegar á cúspide de popularidade no momento máis próximo a que os/as votantes collan a papeleta para meter no sobre.

Miran o que está de “moda”, a “última tendencia”. Se o que se leva é a participación, faremos unha asemblea para escoller a cada un/ha dos/as candidatos/as da lista. Se o que se leva é defender a patria, buscaremos un inimigo/a, alguén que a ataque. Se o que se leva é o feminismo, iremos á concentración e logo seguiremos non facendo nada contra o dereito a decidir das mulleres sobre os seus corpos, sobre acabar co teito de cristal ou a discriminación salarial. En fin…

Cronoloxía do proceso aberto a toda a cidadanía de Lalín para escoller ás 11 primeiras persoas da nosa lista electoral .

Incluso poderiamos facer acusacións falsas que, en realidade, nos involucran a nós. Ben, sempre podemos dicir que foi unha equivocación, pedimos desculpas e xa está. Non cremos que ninguén nos diga nada por constatar que tivemos xuntanzas, varias, con xente implicada e responsable de diversas tramas de corrupción.
Pódese perder moito o norte… Ata o punto de non decatarse de que as reunións nas que din que participaron outras persoas en realidade foron ás que acudiron eles…
Con todo isto pretenden distraernos do fondo do asunto, o que é realmente importante: que relación hai entre a empresa SIGNUS, que despois se converteu en RACSO, implicada na Operación Púnica, e o Partido Popular e José Crespo? Isto é o que verdadeiramente hai que aclarar, e quen ten que facelo é o PP.


Na PAC estamos moi lonxe de todo isto. Nin contestamos ataques, nin utilizamos información para o noso propio beneficio. Defendemos os intereses da veciñanza de Lalín sen condicionamentos económicos nin partidistas. Outro xeito de facer política é posible e así o levamos demostrado.

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram