Encontros coa veciñanza I: Silvia Cameán

Comezamos cunha serie de charlas participativas e abertas que levaremos a cabo no noso local (ás que chamamos Encontros coa veciñanza. Queremos así achegar á cidadanía de Lalín outros xeitos de facer política e xestionar nos concellos así como alternativas no ámbito medioambiental, de servizos sociais ou da xestión dos recursos.

Imaxe dos “Encontros coa Veciñanza”.

No primeiro Econtro coa veciñanza Contaremos coa presenza de Silvia Cameán, concelleira de Xustiza Social e Coidados do concello da Coruña, para falar sobre as políticas que levou a cabo nestes 4 anos ao fronte desta concellería, facendo fincapé no inicio da renda social municipal que se implantou nesta cidade.

Cartaz do primeiro “Encontro coa veciñanza”.

Animamos á xente a que acuda a escoitar e a participar neste encotro así como a vir ás nosas reunións abertas de todos os mércores ás 21.00.

SE NON FACEMOS POLÍTICA, ALGUÉN A FARÁ POR NÓS!

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram