Dereito á privacidade!

O día 6 de decembro de 2018 entrou en vigor a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales, tamén chamada LOPDGDD, lei que foi aprobada por unanimidade no Congredo dos Deputados.

Esta lei contén un artigo bastante polémico e nocivo para a estabilidade da democracia, máis tendo en conta o caso previo de Cambridge Analytica. Este é o artigo 58 bis; nel indícase que os partidos políticos, coalicións e agrupacións electorais, sempre que se amparen no interese público, poderán recompilar os nosos datos persoais na web (páxinas, redes sociais,…) para realizar actividades políticas. Ademais tamén poderán enviar por diversos servizos de mensaxería ( WhatsApp, e-mail,…) propaganda electoral.

Captura dun vídeo do Partido Popular que difundiu polas redes sociais e de mensaxería.

Cremos que este artigo é contraditorio coa protección da privacidade das persoas e coa liberdade de elección de representación política nas institucións. Polo tanto, aínda que consideramos importante a análise de datos como complemento na búsqueda da mellora dos servizos públicos, nós non faremos uso das portas que abre esta lei para entrar nas vidas privadas da xente. Só usaremos a ferramenta de promoción que nos ofrecen as redes sociais, sen ningún tipo de filtro e co obxectivo de difundir os contidos que vaiamos xerando.

Captura do portal do INE onde solicitar a exclusión do censo para propaganda electoral.

Se desexas que non che envíen propaganda electoral tés de prazo ata o 18 de marzo para indicalo neste enlace .

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram