CONDADO DO DEZA, clube de xogos de rol en Lalín.

Nestes días de infoxicación (desorientación provocada polo exceso de información constante) queremos contar experiencias que axudan a parar e a investir o tempo de lecer dunha maneira diferente. A xente do club de xogos de rol Condado do Deza escribiu este texto para dar a coñecer a súa actividade e convidarnos a todas a experimentar este tipo de actividades.

Que é un xogo de rol?

Para explicar isto, quen mellor que Ricard Ibañez, historiador, escritor de novela histórica, tradutor e deseñador de xogos de rol, quen di máis ou menos o seguinte:

Lendo unha novela, vendo unha película ou xogando a un videoxogo todos temos sentido nalgún momento certa frustración. Inmersos na trama, fariamos algo que a protagonista non fai (ou no caso dos videoxogos, que a programadora decidiu que sinxelamente non se podía facer). Por que non usan aguias para viaxar ao Monte do Destino no Señor dos Aneis? Por que a futura vítima dun filme de terror entra a investigar ao ver a porta entreaberta en lugar de dar dous pasos atrás e chamar co móbil á policía? Por que nun videoxogo hai que buscar a chave da maldita porta que permite pasar ao seguinte nivel cando podería romperse dunha patada ou con algunha ferramenta? Son as cousas que todas nos plantexamos algunha vez e que, a diferenza de neses medios de ficción nun xogo de rol si poden cambiarse.

Unha definición breve de xogo de rol sería “narración interactiva”. A narradora da historia describe unha situación e son o resto de xogadoras as que teñen que decidir que facer e como resolvelo. Falamos de narración, porque un xogo de rol é un xogo no que usaremos papel, dados, cadeiras e unha mesa. Non é necesario estar de pé, nin saltar, correr ou gritar. Non é unha obra de teatro, é unha conversa.

As xogadoras non se interpretan a si mesmas (sería aburrido), senón a unhas personaxes, do mismo modo que as actrices dunha película tampouco se interpretan a si mesmas, nin moito menos creen ser as personaxes . Robert Englund non se creía Freddy Krueger nin andaba nos soños da xente cando se quitaba a maquillaxe (e iso que interpretou o personaxe en sete películas máis nunha serie de televisión). As xogadoras de rol non se creen os personaxes que interpretan, sería o equivalente a que alguén se pusexe de luto se lle comesen unha ficha xogando o parchís ¿non si?

Estas personaxes dos xogos de rol non son inmortais nin invencibles teñen os seus puntos fortes e débiles que a xogadora elixe cando deseña a súa personaxe, definindo unhas características físicas e mentais cun valor número asignado.

Para averiguar se esa personaxe logra realizar unha acción na ficción, normalmente ten que usar un dado, como en moitos outros xogos ¿o parchís?

Non fai falta coñecer todas as regras, para xogar a istodo rol simplemente imaxinando a situación que conta a narradora e dicindo que acción ou decisión toma a personaxe de cada participante é suficiente.

A narradora si que ten que coñecer as reglas, é será ela quen guie ás xogadoras.

Canto dura unha partida? Boa pregunta. Unha sesión de xogo soe durar entre tres e cinco horas, según o humor, ganas e tempo libre das participantes. Pero nada impide enlazar varias sesións de xogo ao estilo serie de televisión. O límite dos xogos de rol é a imaxinación de cada unha.

Se se vos está a ocorrer que os xogos de rol poderían ter unha excelente aplicación no campo da psicoloxía, para estimular a empatía, o traballo en equipo, a sociabilidade en xeral, é unha boa idea, pero chega tarde: de feito os xogos de rol se usan como terapia en psicoloxía dende antes da súa utilización máis ludista, nos Estados Unidos donde naceu a afición chámanlle role-playing game (é decir, o xogo do “xogo de rol”). Para terminar, teño a obriga moral de prevenirvos. Este xogo pode e soe fomentar a imaxinación, a iniciativa persoal, o traballo en equipo, as relacións persoais (sen necesidade de ordenador ou móbil de por medio), a lectura, as ganas de aprender historia e cultura en xeral. De xeito que na sociedade de hoxe en dia, serás unha rara avis se o practicas.

Xogos de rol en Lalín

No ano 2001 en Lalín comezou a medrar o xerme da asociación xuvenil “Fallen Knights”, esta asociación tiña como finalidade a promoción e práctica dos xogos de rol, como alternativa de ocio. Tivo unha intensa actividade nos primeiros anos, chegando incluso a organizar unhas xornadas sobre xogos de mesa e rol, na casa da xuventude de Lalín.

Posteriormente ao marchar de Lalín a maioria de persoas asociadas, a actividade diminiu e, finalmente, extinguiuse.

Había outra xente en Lalín, que desfrutaba dos xogos de rol antes do 2001, e que colaboraron activamente en axudar nesta desaparecida asociación, se nos estades lendo hoxe , grazas.

No ano 2019 antigos membros de esa asoación xuvenil decidiron retomar a afición, organizándose para esto de maneira informal mediante o Clube de Rol Condado do Deza.

Imaxe da xente de Condado do Deza xogando na libraría Nigraponte

A non estar aínda constituidos como asociación, neste caso cultural, (porque os tempos xuvenís pasaron fai anos), decidiron buscar axuda desinteresada para ter un lugar onde desfrutar desta afición, atopando esta na librería Nigraponte de Lalín, onde Xavier, o seu dono, mostrouse sempre colaborativo e participativo, hai que decir que Xavier fai xa décadas que conocía os xogos de rol.

Dende a volta dos xogos de rol a Lalín varias persoas debutaron nesta afición da man do Clube de Rol Condado do Deza, e outras que no pasado disfrutaban da mesma retomárona. Poñéndose na pel de diversas persoaxes; mafiosas na Nova York dos anos noventa, jedis a bordo dunha nave no ciberespacio, guerreiras nas fragas dos elfos, mercenarias nun futuro 2040, piratas na mítica illa Tartaruga …

Dende aquí, animámosvos a que probedes esta nova forma de ocio, podedes contactar co Clube mediante os perfiles que hai do mesmo nas redes sociais Instagram e Facebook, ou uníndovos o grupo de mensaxería da aplicación Telegram.

Comparte este artigo

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram