- Revisa se dende o venres 19 de xuño hai comisión cargada na túa conta.
- Diríxete (a ser posible) á sucursal na que tes contratada a conta da que es titular.
- Intenta falar directamente coa responsable da oficina (director/a ou subdirector/a), xa que poden administrar directamente os fondos dos que dispón a sucursal para resolver este tipo de reclamacións.
- Solicita a folla de reclamacións na oficina, cúbrea solicitando a devolución das comisións de mantemento. Recorda que ao poñer unha reclamación, a entidade ten a obriga de facilitarche unha copia da mesma, co selo e a data na que se formalizou a queixa. A entidade deberá contestar á túa queixa no prazo dun mes.

*Se ademais tes comisións por posición debedora (descubertos en conta), aproveita para incluílas na túa reclamación, indicando a cantidade e a data de cargo. Estas comisións tamén son reclamables.
Se tes a intención de cambiar de entidade, non te deixes levar polas présas:
- Antes de cancelar a túa conta debes abrir unha en outra entidade. Os trámites de cambio de pensións e outros domiciliamentos non van ser inmediatos e pechar a conta impulsivamente vai traer consigo problemas.
- Revisa todos os produtos que teñas contratados coa entidade.
- Cando canceles a conta poden tentar cobrarche a comisión co prorrateo correspondente ao periodo, a oficina está en condicións de condonala, se non acceden directamente a elo, poderías presentar unha reclamación.
Na entidade poden tentar dificultar o peche da conta:
Se varios/as titulares comparten conta, coa firma dun/dunha deles é suficiente para cancelar a conta. Incluso unha persoa autorizada para xestionar a conta, podería ser a encargada de pechala. Leva todos os medios de pago asociados á conta (tarxeta, libreta,…) para a súa cancelación.