O día 3 de Abril comezamos coa recollida de sinaturas. Estivemos:
- Na feira do día 3.
- No noso local (rúa Joaquín Loriga 20, baixo) todas as tardes de 18.00 a 21.00.
- Nos mercados dos sábados na praza da igrexa.
Nestas dúas semanas recibimos o calor que nos transmitistes e o apoio que nos brindastes.
Foron días de moito traballo e moito movemento para ter todo ben preparado e listo para axustarnos aos prazos que nos marca a Xunta Electoral.
Onte pola tarde entregamos as firmas para a súa validación e hoxe pola mañá fomos a recoller o froito do noso traballo: AS SINATURAS FORAN VALIDADAS na súa maioría.
Queremos agradecervos o esforzo. A vosa participación é imprescindible na nosa implicación política.
Falamos de participación, pedimos máis participación e somos participativas!
GRAZAS!