Plataforma Aberta Cidadá vén de celebrar este domingo día 3 a súa Asemblea Electoral. O obxectivo de esta votación foi escoller a orde das 11 persoas que ocuparán os postos de saída da candidatura coa que concorrer ás vindeiras eleccións de maio.
Coa asemblea e votación do domingo, culmina un proceso participativo e aberto á cidadanía, onde calquera veciño/a puido, entre o 17 de novembro e o 18 de xaneiro, presentar a súa candidatura ou ben inscribirse para participar en dita votación.
Entre as seis e as nove da tarde, 21 das persoas inscritas para o proceso achegáronse ata o local sito na Avenida da Estación a depositar a súa papeleta. Cada participante asignou a cada unha das candidatas o posto que estimou axeitado, configurándose posteriormente a lista ao ordear as candidatura co valor medio dos postos asignados.
En paralelo a isto, abriuse un debate entre os/as asistentes para coñecer as inquedanzas, facer unha revisión crítica da traxectoria da agrupación, e suxerir melloras de cara ao futuro.
A última hora, procedeuse ao reconto e os resultados foron os seguintes:
- LARA RODRÍGUEZ PEÑA
- ANTÓN BRANCO VILARIÑO
- JACOBO VÁZQUEZ GONZÁLEZ
- PATRICIA LAMAS DE LA TORRE
- MANUEL IGREXAS RODRÍGUEZ
- SUSO RIVAS GONZÁLEZ
- JAVIER BODAÑO VILLAR
- CELIA LAMELA COUTO
- ALEXIA SOTO PENALTA
- MAXI BLANCO TABOADA
- SABRINA LAMAS VILLANUEVA
Independentemente de nomes e orden, o importante é o proxecto. Seguimos a traballar de xeito participativo, e animamos a calquera persoa afín á agrupación a achegarse a calquera das nosas reunións abertas a coñecer de primeira man o noso funcionamento.