O 3 de marzo a PAC trasladouse a Lugo para participar na Manifestación Unitaria do feminismo galego. Baixo o lema #3MVouALugo, milleiros de persoas alzaron a voz polas rúas lucenses co fin de defender os dereitos das mulleres e reivindicar os logros sociais conseguidos pola loita feminista.

A cor morada, a música e as consignas reivindicativas impregnaron este 3 de marzo que serve como preludio o vindeiro venres 8, Día Internacional da Muller. Foi palpable o éxito do 2018 e este 8 Marzo suporá un novo logro neste camiño cara a igualdade.

Un dos eixes que forma parte da esencia da PAC e que se recolle no
documento político
é o feminismo. Defendemos e apoiamos o movemento feminista. Por iso consideramos que debíamos estar alí, acompañando a tódalas asociacións e mulleres que persiguen o gran cambio.
Porque o feminismo se reivindica, pero tamén se practica! E a PAC leva as reivindicacións feministas á practica.